Árbitros Galegos nas competicións FEB 2013 – 2014

15 colexiados do Comité Galego de Árbitros tomarán parte das Competicións FEB na temporada 2013 – 2014. A representación galega nas categorías FEB atópase reflectida nos dous grupos existentes: Grupo 1 e Grupo 2, establecendo en función dos mesmos, as ligas nas que poderán dirixir encontros os nosos colexiados.

A lista de colexiados CGAB que tomarán parte nas competicións FEB é a seguinte:

GRUPO 1 (Adecco Oro, Adecco Plata e Liga Feminina)
Daniel Pazos Pazos
Cristian Martín Vázquez (Grupo 2 – Disponible Grupo 1)

GRUPO 2 (Liga Feminina 2 e Liga EBA)
Alberto Castro Rodríguez
Diego Domínguez Portas
Luis Miguel Estévez Estévez
Adrián Gallego Cid
Cristina García Fernández
Jose Antonio Godoy Morillo
Francisco José Huete Salcedo
Adrián Iglesias Ambrosio (alta)
Adrián López Folgueiras(alta)
Alejandro Pérez Freire (alta)
Roi Rilo Antelo (alta)
David Posada Rouco
Luis Rivadulla Boente

Ascenso ao Grupo 2
Galicia contará nesta 2013 – 2014 con catro colexiados máis dentro do Grupo 2 da FEB, catro altas (Adrián Iglesias, Adrián López, Alejandro Pérez e Roi Rilo) que converten á nosa Federación Autonómica na única que ascende a catro dos seus árbitros autonómicos a esta categoría. Outras entidades Federativas como Cataluña, Andalucía, Canarias e País Vasco suman este ano tres ascensos, mentres que Madrid ou Castela-León empezarán a temporada con dúas altas novas neste Grupo.

As catro incorporacións galegas configuran unha boa nova que se completará no inicio da temporada, etapa na que se agarda poder vincular como dispoñibles para este Grupo 2 a dous árbitros galegos máis.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram