Luís Estévez e Luís Rivadulla, colexiados que representarán ao Comité Galego de Árbitros no Campionato de España de Seleccións Cadetes, participaron da dinámica deportiva da Selección.
A Selección Galega Cadete Masculina e o equipo júnior do Club Artai enfrontáronse na tarde deste mércores nun encontro amigable de preparación para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas (Zaragoza do 3 ao 7 de xaneiro). Un partido que contou coa participación especial de Luís Estévez e Luís Rivadulla, colexiados que formarán parte da expedición galega que viaxe á cidade maña.
Estévez e Rivadulla, ambos do grupo 2 FEB, representarán ao GCAB na competición estatal, cita para a cal tamén se exercitan a conciencia, sendo peza clave de actividades como o citado amigable.
Contando coa presenza do Director Técnico do CGAB, Miguel Ángel Pérez, o encontro entre Galicia e Artai foi a mellor proba para que os colexiados traballasen tecnicamente
No mesmo introducíronse algunhas novidades, por exemplo que cada adestrador, e tamén os árbitros, podían solicitar un tempo morto por cuarto, de tal forma que de xeito rápido e efectivo puideron realizarse correccións e melloras na arbitraxe.