Aprobado o Orzamento FGB 2024

A Asemblea Xeral Extraordinaria FGB, celebrada na tarde do luns, 18 de decembro; en Santiago supuxo a aprobación do Orzamento FGB para o ano 2024.

Nunha convocatoria na que participaron un total de 19 asembleístas, o indicado orzamento resultou aprobado cun total de 18 votos a favor e 1 voto en contra.

Cumprindo coa orde do día desta Asemblea, na mesma someteuse tamém a votación, aprobándose por unanimidade, a ratificación dos nomeamentos dos Comités de Competición e Apelación.

A Federación Galega de Baloncesto quere agradecer a presenza e participación de todos os asembleístas presentes nesta cita.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram