Aprendizaxe e progresión nas Xornadas Técnicas do CGAB

Catro colexiadas na Fase Final Júnior Feminina

Catro colexiadas na Fase Final Júnior Feminina

As xornadas técnicas do Comité Galego de Árbitros vinculadas ao Baloncesto Base recolleron os seus primeiros froitos esta mesma fin de semana coa celebración das Fases Finais da Copa Galicia Júnior e Minibasket.

Baixo a coordinación de seis colaboradores CGAB, un total de 16 colexiados repartidos en función da categoría de xogo, afrontaron nestas citas un completo programa de traballo que incluíu competición, reflexión e posta en común de erros e dúbidas.

Os participantes nesta primeira mostra da formación continua do CGAB tomaron a mesma como toda unha oportunidade de aprendizaxe, valorando a posibilidade de, “pulir a súa arbitraxe para o futuro “, destacando a “análise do criterio e as súas flutuacións durante o transcurso do encontro”, tal e como o expresa Rubén Solla, colexiado presente na Fase Júnior Masculina.

Fase Final Júnior Masculino

Fase Final Júnior Masculina

Así mesmo, o control de partido focalizou tamén parte da atención dos colexiados revelándose, en palabras de novo de Rubén Solla, como “un apartado no que é preciso que melloremos moitos de nós”.

As sensacións de Rubén compárteas o seu compañeiro Mitka Paulius, pertencente ao Grupo Sub 23 e presente no seu caso da Fase Final Minibasket Masculina. Para Paulius o fundamental deste tipo de convocatorias é acumular “experiencia para os próximos partidos”, cuestión á que axuda o “pitar con compañeiros doutros comités”.

mini fem

          Fase Final Mini Feminina     

mini masc

                Fase Final Mini Masculina

En feminino

Na Fase Final Júnior Feminina destacou a designación composta integramente por colexiadas, unha experiencia novidosa nas competicións FGB e que resultou, se cabe, unha motivación a maiores para as implicadas: Paula Lema, Saray Fornos, Patricia Díez e Veva Piñeiro.

Precisamente, esta última, a viguesa Veva Piñeiro, destacou o satisfactorio da experiencia compartida coas súas compañeiras, analizando xunto a elas e aos técnicos FGB cuestións de criterio e de mecánica: “Obtés diferentes puntos de vista e opinións que te axudan a mellorar”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram