Como medida de precaución #ante o avance da pandemia pola COVID-19, a FEB decidiu trasladar o desenvolvemento dos campionatos ao período comprendido entre o 9 e 13 de abril de 2022, mantendo a provincia de Huelva como sede dos mesmos.
(Área de Comunicación FEB) Despois de reunirse cos presidentes das distintas Federacións Autonómicas, a Federación Española de Baloncesto tomou a decisión de aprazar os Campionatos de España Infantil e Cadete de Seleccións Autonómicas, nas súas categorías Masculina e Feminina, que se ían a celebrar en Huelva do 4 ao 8 de xaneiro de 2022, ao período comprendido entre o 9 e 13 de abril dese mesmo ano, se as circunstancias o permiten.
A FEB adoptou esta medida por razóns sanitarias, ante o avance da incidencia da pandemia da COVID-19 e coa intención de evitar calquera risco para os xogadores e corpos técnicos dos equipos participantes, así como dos árbitros, familiares e demais persoal da organización do CESA. Tal e como estaba previsto, a provincia de Huelva mantense como sede destes Campionatos de España Infantil e Cadete de Seleccións Autonómicas.