Apoio Técnico con sinatura ACB para os colexiados zonais

O Comité Galego de Árbitros está a reforzar neste mes de novembro a formación técnica dos seus colexiados no ámbito zonal. No caso más recente, levado a cabo este mércores, 26 de novembro; o plus didáctico contou coa presenza do Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Perez; e do seu compañeiro na liga ACB, o santiagués Jacobo Rial.

Pérez e Rial visitaron aos colexiados dos comités zonais de A Coruña e Compostela, respectivamente; e xunto a eles realizaron dúas completas sesións en pista, fortalecidas pola activa participación de todos os árbitros presentes.

20141126 202009

O CGAB, satisfeito co positivo resultado deste tipo de accións de radio zonal, continuará a fortalecelas ao longo de toda a temporada, combinándoas coas xa establecidas xornadas técnicas de carácter autonómico.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram