Apertura para o “B3 Escolar – la Caixa” en Sarria e As Pontes

Tras o gran inicio rexistrado en datas pasadas con C.B. Allariz e Defensores do Morrazo como promotores na súa zona de influencia do programa “B3 Escolar – la Caixa”, este domingo, 21 de abril, farán o propio C.B. As Pontes e C.B. Sarria, achegando a xogadores e xogadoras mini e premini os numerosos valores do Baloncesto 3×3.

A inminente xornada dominical vivirá o debut deste proxecto nas localidades de Sarria e As Pontes, distantes no mapa pero unidas na súa intención de fomentar a práctica do deporte entre os seus propios xogadores e aqueles chegados dende as súas zonas xeográficas próximas. Ambos os clubs locais teñen xa todo organizado para dar o pistoletazo de saída á actividade 3×3.

Sarria: Novo Pavillón do Chanto (18.00 h)
Equipos da propia vila de Sarria, así como das zonas de Monforte e Chantada congregaranse no Pavillón do Chanto para competir nas categorías de minibasket masculino, minibasket feminino e Preminibasket mixto. Para moitos deles será o seu primeiro contacto co Baloncesto e un bo xeito de empezar a súa aprendizaxe nesta área.

As Pontes: Pavillón Municipal As Pontes (16.00 h – 18.00 h)
Un total de catro equipos mini e seis en categoría Premini serán os actores principais do B3 na súa sede de As Pontes, no que de seguro será un bo arrinque para esta fase local, que, como xa anunciamos, é paso previo á gran final autonómica, a celebrar no mes de xuño en A Estrada.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram