Anulado o Curso de Iniciación “on line” á Arbitraxe

O Comité Galego de Árbitros comunica a anulación do Curso de Iniciación “on line” programado para iniciarse este mesmo luns, 20 de xaneiro.

Esta actividade, que segundo estipula a súa convocatoria precisaba dun mínimo de 20 alumnos inscritos para levarse a cabo, non chegou a esta cifra e non poderá realizarse tal e como estaba previsto e constaba na Programación Formativa Anual do CGAB.

Indicar que aquelas persoas que tiñan tramitada a súa inscrición recibirán comunicación directa e persoal do propio Comité de Árbitros co procedemento a seguir tras esta anulación.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram