Antonio Pérez, este venres, na “Aula Técnico Formativa” do Real Club Celta

A Aula Técnico Formativa para adestradores, organizada polo Real Club Celta de Baloncesto Feminino, dentro do seu proxecto “La Academia”, promove para este venres, 14 de xuño, unha nova sesión formativa que estará dirixida polo técnico de Ferrol, Antonio Pérez.

Pérez, adestrador superior e cunha recoñecida traxectoria dentro e fóra da nosa Comunidade, ofrecerá no Pavillón de Navia (Vigo), a partir das 20.15 h, unha interesante charla, de carácter aberto para todos os técnicos que desexen tomar parte, e na que se reflexionará sobre “O pase en formación. Emprego no xogo colectivo”.

Os interesados en participar poderán facelo de xeito libre, aproveitando os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB para validar a súa presenza nesta aula por tres horas de formación continua.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram