A Federación Galega de Baloncesto, tal e como xa indicou en anteriores datas, está a pulsar a opinión de todos os seus clubs, independentemente da súa categoría, de cara á confección das Bases de Competición 2012 – 2013. Para este propósito todos os clubs recibiron vía mail un formulario cunha enquisa para que procederan á súa resposta.
Agradecendo de antemán a todos aqueles clubs que xa achegaron as súas opinións, a FGB, consciente da importancia de contar coa colaboración da totalidade dos clubs, e para poder aumentar o número de formularios recibidos, sumando así novos e valiosos criterios, decide, e como tal o comunica, ampliar o prazo de envío das enquisas, de xeito final e improrrogable, ata as 20.00h do vindeiro 29 de febreiro.
Lembramos que para facilitar o proceso a todas aquelas persoas que se atopen con dúbidas ou problemas informáticos para cubrir e remitir a enquisa, achegáronse xunto á mesma unhas recomendacións a seguir, xunto a un correo de contacto para posibles dúbidas (enquisa.fgb@zatovisualworks.com)