A Federación Española de Baloncesto fixo públcias este mércores as listas da Operación Talento 2004 – 2005, combinados que non entrarán en competición oficial pero que xa afrontarán a súa primeria experiencia en modo concentración.
Do 31 de xullo ao 4 de agosto, 60 xogadores e outras 60 xogadoras terán cinco días de intensos adestramentos onde se irán poñendo as bases destas xeracións. Nesta ocasión, e listos para desfrutar dunha oportunidade única de aprendizaxe estarán 11 galegos:
Operación Talento Masculina – 2004
Martín Iglesias (Porriño Baloncesto Base)
Operación Talento Masculina – 2005
Pablo Tresandi (Seis do Nadal)
Sergio Vidal (CB Culleredo)
Simon Bermúdez (Basket School)
Óscar Rodríguez (Estudiantes Lugo)
Operación Talento Feminina – 2004
Clara Prieto (Bosco Salesianos)
Clara Fidalgo (CB Allariz)
Operación Talento Feminina – 2005
Elena Quintás (Médico. Cadro Técnico)
Carmen Suárez (CB Val de Lemos)
Marta San Martín (Peixegalego)
Lucía Sotelo (Bosco Salesianos)
A convocatoria completa de todos eles, así como os detalles do traballo de cada grupo poden consultarse nos documentos que se achegan.
Ledicia internacional
A boa nova da presenza destes 11 nomes nas listas FEB chega nunha semana que se iniciou coa conquista do Campionato Europeo por parte da Selección Española Feminina U20, con especial mención aos representantes autonómicos na mesma: as xogadoras María Pérez Araujo (MVP da Competición) e Paula Ginzo; e o Preparador Físico, Mario Muñoz.
Dende aquí, e reiterando as felicitacións xa emitidas, enviamos de novo os nosos parabéns. Estas impecables vitorias sempre son motivo de orgullo para o deporte base nacional e galego, e un reto do que agora recollen a testemuña de futuro os máis novos das xeracións 2004 e 2005.
U13 e U12 – Categoría Feminina
U13 e U12 – Categoría Masculina