Alumnos galegos admitidos no XXXVIII Curso de Adestrador Superior

A Federación Española de Baloncesto comunica o nome dos adestradores galegos admitidos para tomar parte da presente edición, a XXXVIII, do Curso de Adestrador Superior.

Con toda a documentación de inscrición presentada de xeito correcto, serán NOVE os adestradores adscritos á Federación Galega de Baloncesto que tomarán parte nesta 2013 – 2014 dunha nova convocatoria do CES.

Os nosos representantes serán:

María Luísa López González

Pablo Míguez Fernández

Alberto Pérez Vidal

Diana Piñeiro Fernández

Denis Pómbar Pose

Juan Raposeiras Iñarrea

Rubén Vieira González

Xosé Manuel Leyenda Pedreira

Pedro Fernández Campos

Para todos eles, esta importante experiencia formativa iníciase xa na xornada de mañá, venres 11 de abril; data marcada para a apertura da fase non presencial do Curso. A Fase Presencial, pola súa banda, celebrarase en Zaragoza entre os días 12 e 27 de xullo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram