Alumnos galegos admitidos no XXXVII Curso de Adestrador Superior

A Federación Española de Baloncesto comunica o nome dos adestradores galegos admitidos para tomar parte da XXXVII edición do Curso de Adestrador Superior.

Con toda a documentación de inscrición presentada de xeito correcto, seis son os adestradores adscritos á Federación Galega de Baloncesto que afrontarán esta nova edición do curso, o cal se inicia o vindeiro día 15 de abril na súa fase non presencial, e continuará en Tenerife, entre o 13 e o 28 de xullo, na súa parte presencial.

Os nosos representantes serán:

Cristina Castells Castaño
David González Beceiro
Manuel Martín Ferreiro
José Luis Mejuto González
Ángel Rioboo Navia
Ignacio Silva Fernández

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram