A recadación do derby copeiro entregouse para seguir coa labor de sensibilizar sobre a doazón de órganos.
Na tarde do xoves foi entregado por parte do presidente do Club Irmandiños, Javier Uria, un cheque solidario a Rafael Rodríguez, presidente de Alcer Coruña por importe de 8.002,28 euros por motivo da recadación solidaria da XXXV Copa Galicia Sénior Masculina disputada entre Monbus Obradoiro e o Río Breogán o pasado sábado 28 de agosto en Ferrol.
A Federación Galega de Baloncesto, o Club Baloncesto Irmandiños e o Concello de Ferrol apostaron en todo momento por este fin social, e decidiron que a recadación obtida pola venda de entradas sería doada a Asociación Para Loita Contra as Enfermidades do Ril – ALCER CORUÑA co fin de poder manter as súas actividades de acompañamento á persoas que están transplantadas, especialmente vulnerables durante a pandemia da covid-19, e aquelas que están á espera dun órgano. Así como para manter as actividades de sensibilización sobre a necesidade da doazón de órganos.
Durante a celebración do partido, fixéronse 7 doantes, que poderán salvar ata 49 vidas en caso de ser preciso. As persoas que esperan un órgano aparte dos avances médicos e a pericia dos profesionais precisan da solidariedade da sociedade. Para poder salvar vidas, e manter proxectos de vida, son necesarias accións deste tipo polo que Alcer Coruña agradece aos Clubs pola súa implicación, aos voluntarios que de forma desinteresada participaron ese día e a cada persoa que mercou a súa entrada a sua colaboración neste fin.
Grazas a todos¡