Adrián Iglesias e Roi Rilo, novos colexiados galegos dispoñibles para o Grupo 2 FEB

– Desta forma son xa 15 os árbitros galegos, tres máis que na tempada anterior, que poderán arbitrar en Liga EBA e Liga Feminina 2.
A FEB vincula a dous novos colexiados galegos á súa estrutura arbitral dentro do Grupo 2, correspondente ás competicións de Liga EBA e Liga Feminina 2.

Adrián Iglesias, do Comité Vigués, e Roi Rilo, do Santiagués; foron designados este luns pola área de Árbitros da FEB como novos árbitros vinculados ao Grupo 2 (competicións de Liga EBA e LF2).

Ambos foron propostos para esta opción polo Comité Galego de Árbitros, organismo que se congratula desta boa nova e, por suposto, da progresión dos seus colexiados.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram