Adestramento “ACB” para os colexiados do Comité Zonal en Arousa

– O colexiado ACB e figura habitual nas actividades formativas do CGAB, Jacobo Rial, comparecerá este xoves en Vilagarcía para exercitarse xunto aos árbitros desta zona. 

– A súa presenza nesta vila enmárcase no Plan de Coordinación Técnica 2013 – 2014 establecido polo CGAB para os seus Comités Zonais, o cal levará tamén a Vilagarcía nos vindeiros meses a Carlos Cortés (ACB e Internacional FIBA) e Miguel Ángel Pérez (Director Técnico CGAB, colexiado ACB e internacional FIBA).

O colexiado galego da Liga ENDESA, Jacobo Rial, compartirá tarde de traballo técnico cos seus compañeiros do CGAB no Zonal de Arousa.
Rial viaxará este xoves, 13 de febreiro, ata Vilagarcía de Arousa para, no Pavillón de Fexdega, guiar unha sesión de adestramento de carácter formativo e orientada aos colexiados máis novos. A premisa principal a traballar na mesma será a “Mecánica Básica do árbitro de cabeza e de cola no xogo con balón”.

A indicada convocatoria revelarase tamén como unha ocasión perfecta para que os colexiados zonais presenten, ante un profesional ACB, as dúbidas ou cuestións relativas a súa preparación tanto no día a día, como nas datas propias de encontro.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram