#adestradorgalego: satisfactoria dobre aposta formativa para pechar a temporada

A Federación Galega de Baloncesto deu esta fin de semana, 9 e 10 de xuño; un novo e especial paso adiante no aspecto formativo.
Encabezada polo Director Deportivo FGB, Carlos Colinas; a Área de Adestradores FGB celebrou dous eventos formativos do máis alto nivel, que veñen a refrendar o traballo constante “por e para” os adestradores que vén a desempeñar esta federación dende o ano 2006.

O “VIII Claustro Docente FGB”, celebrado en sábado en Carballo coa colaboración de Escola Basket Xiria e Concello de Carballo; e a primeira edición do “Día do Adestrador” posta en marcha o domingo en A Coruña grazas ao apoio de Basquet Coruña e Sporting Club Casino; conforman o peche perfecto a unha temporada que estivo repleta, de xeito continuo, de propostas formativas valoradas positivamente polos seus participantes.

Actividades como estas, que non sería posibles sen a colaboración e compromiso de todos os adestradores galegos e mesmo foráneos, independentemente do seu nivel; contaron tamén dende o inicio desta temporada 2017 – 2018 coa colaboración indispensable dos clubs locais, e Concellos na maioría dos casos.

Para todos eles, queremos reiterar tamén por esta vía o noso agradecemento, e a nosa vontade de seguir traballando no ámbito formativo. Apartado no que, sen ir mais lonxe, teremos novas esta mesmo xoves, 14 de xuño; coa presentación oficial do CAD Manuel Peleteiro, o novo Ciclo Inicial de Grao Medio de Baloncesto que poremos en marcha coa colaboración do Colexio Manuel Peleteiro.

Pero ata que chegue este xoves, podemos rememorar en imaxes o que deu de sí esta fin de semana tanto en A Coruña como en Carballo:

“VIII Claustro Docente FGB”

4319677312 IMG 1305

“Día do Adestrador”

phoca thumb l 20180610165558 img 8972

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram