Adestrador Galego: Cursos de Iniciación en A Coruña e Santiago

As Delegacións FGB en Santiago e A Coruña manteñen abertas sendas convocatorias formativas para todos aqueles adestradores que desexen completar o Nivel Iniciación durante o inminente mes de febreiro.

A celebrar, en ambos os casos, nos primeiros días do citado mes, estas dúas propostas didácticas comprenden os seguintes requisitos:

Delegación Santiago

Curso Adestradores – Nivel Iniciación

Datas lectivas: 6, 7, 8 e 9 de febreiro

Sede: Colexio Manuel Peleteiro

Inscrición: aberta ata o dous de febreiro

Delegación A Coruña

Curso Adestradores – Nivel Iniciación

Datas lectivas: 5 (horario de tarde), 6, 7, 8 de febreiro

Sede: Palacio Deportes de Riazor e Pavillón Compañía de María

Inscrición: aberta ata o dous de febreiro

Inscrición
Os interesados en tramitar a súa inscrición nestas convocatorias poden xestionalo vía mail a través da delegación correspondente (delegacionsantiago@fegaba.com ou delegacioncoruna@fegaba.com) e previo pago da cota de preinscrición (200 euros) que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico. (Abono por transferencia bancaria á conta 2100 – 1455 – 14 – 0200227406. Indicando: nome persoal completo e nivel do curso)

A documentación precisa para materializar este proceso, así como os condicionantes previos a cumprir no mesmo, poden consultarse nos documentos que se achegan. 

Normativa Iniciación 2015 – 2016
Formulario Inscrición – Iniciación
Normativa Programa de Bolsas de Axuda Económica – Formación
Formulario Solicitude Bolsas 2015 – 2016

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram