Adestradores, Xogadores e Árbitros, protagonistas das actividades paralelas á Fase Final da XXVII Copa Galicia Sénior Masculina

Ao abeiro da celebración da xornada final da XXVII Copa Galicia Sénior Masculina, a Federación Galega de Baloncesto e Club Ourense Baloncesto farán deste sábado 15 un día repleto de Baloncesto.

En diferentes sedes da cidade de Ourense levaranse a cabo actividades orientadas tanto aos xogadores como aos árbitros e adestradores. Todos serán parte activa dun completo programa que relacionamos a continuación de xeito completo.

Stage Pretemporada – Comité Árbitros Ourense
Os colexiados da Delegación FGB en Ourense afrontan este sábado a súa particular concentración de inicio de temporada. Baixo un planning horario concreto levarán a cabo as precisas probas físicas e teóricas no anexo ao Pazo dos Deportes Paco Paz.

A novidade neste caso virá dan man da presenza da responsable da Área Médica da FGB, Leticia Fernández. Ao seu cargo corre a responsabilidade de trasladar aos presentes referencias sobre pautas de saúde.

(09.00 h – 10.00 h) Probas Físicas
(10.00 h – 10.30 h) Charla Administrativa
(10.30 h – 11.00 h) Test de Regras
(11.00 h – 12.45 h) Charla Mecánica (árbitros) /Charla oficias de Mesa
(15.30 h – 17.00 h) Charla Novas Regras
(17.00 h – 18.00 h) Charla “A saúde do Árbitro”.

Clínic de Formación Adestradores: Gustavo Aranzana (17.00h)
A FGB activa un Clínic formativo orientado a adestradores e establecido para as 17.00 h no anexo ao Pazo dos Deportes Paco Paz.

Gustavo Aranzana será a prestixiosa figura que guiará esta actividade. A súa experiencia e percorrido, con, entre outras, máis de 15 temporadas ACB no seu haber e presenza en Seleccións Nacionais, avalan a posta en marcha deste Clínic, no que a “Continuidade Dinámica no xogo de Ataque: Chegar desde a Defensa” será o contido principal da súa intervención.

No día de hoxe son xa preto de 40 os adestradores inscritos para compartir con Aranzana as súas cuestións e comentarios. Cifra esta que segue a crecer grazas a que a inscrición (a través do email adestradores@fegaba.com) permanece aberta ata este venres, 14 de setembro.

Lembramos que todos aqueles inscritos que participen do Clínic e están a formar parte dos Cursos de I e II nivel da área de adestradores da FGB poderán validar esta actividade por dúas horas de formación práctica.

“Copita Galicia Cadete Masculina” (Anexo Pavillón Municipal dos Remedios)
Club Ourense Baloncesto, en colaboración coa Concellaría de Deportes do Concello de Ourense, organiza a chamada”COPITA GALICIA”, unha competición cadete masculina na que se citan algúns dos principais equipos de base de Ourense e Provincia: Club Ourense Baloncesto, Allariz, ABO Capital Termal e Blanco Amor.

O calendario da mesma, sorteado na tarde do mércores na zona COBFAN que o entidade ourensán posúe no centro da cidade, deparou o seguinte resultado.

(10.00 h) Semifinal 1
COB – Blanco Amor

(12.00 h) Semifinal 2
ABO – Allariz

(17.00 h) FINAL

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram