Adestradores: Vigo estrea a formación en iniciación 2016 – 2017

A Delegación FGB en Vigo inaugura a actividade formativa para adestradores na presente temporada. Co nivel de iniciación no obxectivo, a zonal viguesa activa a convocatoria dun novo curso a celebrar neste mesmo mes de outubro, complementando neste a didáctica presencial e, como novidade, o traballo online.

As premisas desta primeira convocatoria de iniciación 16 – 17, as cales deben seguir os interesados en tomar parte da mesma, son:

Delegación Vigo – Curso de Iniciación para Adestradores. Outubro 2016

Formación presencial. Datas lectivas: 29 de outubro (16:00 h a 21:00 h), 30 de outubro (de 09:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h), 31 de outubro (16:00 h a 21:00 h) e 1 de novembro (de 09:30 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h). Sede: Colexio Mariano.

Formación on line: mes inmediatamente posterior ao remate da fase presencial.

Inscrición: os interesados en realizar a inscrición deben xestionar a mesma vía mail na delegación viguesa (delegacionvigo@fegaba.com) antes do vindeiro 27 de outubroPreviamente a este envío, será preciso executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Os futuros alumnos poderán optar a bolsas económicas de axuda para a súa matriculación, fórmula á que poderán acceder sempre que sexan nados no ano 1995 ou posteriores, residentes en Galicia e resulten APTOS na primeira convocatoria do propio curso. O departamento de adestradores da FGB recibirá todas as consultas oportunas relativas a este proceso (adestradores@fegaba.com).

Normativa Bolsas Iniciación 2016 – 2017
Formulario Solicitude Bolsas Iniciación 2016 – 2017
Formulario Solicitude Preinscrición Cursos Iniciación 2016 – 2017

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram