Adestradores: San Ciprián acolle o Seminario de “Dirección”

Federación Galega de Baloncesto, en colaboración co C.D. San Ciprián e Concello de Cervo; promoven un Seminario de “Dirección”, actividade orientada a adestradores e que se celebrará no marco do XXXVII Campionato de España de Clubs Júnior Feminino, cita especial para o Baloncesto Galego e que comezará este sábado, 6 de maio, con sede nas localidades de Burela, Viveiro e a propia San Ciprián.

O Director Deportivo FGB, Carlos Colinas; e o adestrador de Santo Domingo Betanzos (LIGA EBA) protagonizarán este Seminario de “Dirección”. Ambos os técnicos achegaranse o domingo, día 7 de maio; ata a casa da Cultura de San Ciprián (12.30 h) para compartir cos participantes que o desexen a súa experiencia na temática escollida.

Para aproveitar esta posibilidade os interesados deben enviar vía mail (adestradores@fegaba.com) a súa solicitude de inscrición, remitindo ésta antes das 14.00 h deste venres, 5 de maio.

Para todos eles, como ven sendo habitual se se trata de alumnos dos cusos de adestradores FGB, existirá a posibilidade de validar a asistencia por un total de 8 horas de formación complementaria (alumnos Nivel 1, Nivel 2 e Superior) e 4 horas (iniciación).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram