A Área Deportiva da FGB, continuando coa expansión das actividades federativas no ámbito zonal da Mariña Lucense, activa a convocatoria para un novo Curso de Iniciación de Adestradores, cuxa fase presencial terá lugar en Ribadeo.
Esta iniciativa, que nace do especial interese da FGB por formar a novos adestradores na Mariña lucense, realizarase baixa as seguintes pautas:
Datas: 24 e 25 de maio e 14 e 15 de xuño.
Horarios: sábado e domingo (10:00 h – 14:00 h / 16:00 h- 20:00 h)
Sede: Pavillón Municipal Ribadeo
Todos os interesados en tomar parte desta convocatoria deberán cumprir dous requisitos ineludibles, precisos para poder tramitar a inscrición.
– Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso
– Abonar a cota de preinscrición (200 euros) que inclúe taxas de matrícula ordinaria, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación e material didáctico.
O formulario de preinscrición, que se pode descargar xunto a esta información, deberá remitirse xunto co xustificante de pago de matrícula, copia do DNI e foto, á Delegación FGB en Lugo: delegacionlugo@fegaba.com
A data límite para solicitar a participación no Curso permanece marcada para o vindeiro 22 de maio, sempre remarcando que actividade levarase a cabo sempre que se conte cun mínimo de 15 participantes.
Bolsas de axuda
A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración con “la Caixa”, a súa aliada principal en proxectos sociais; mantén aberta nesta temporada 2013 – 2014 un destacado programa de Bolsas de axuda económica establecido co obxectivo de favorecer o acceso á formación para adestradores nos seus diferentes estadíos.
Neste caso, os alumnos dos cursos de Iniciación contan coa opción de solicitar unha bolsa de axuda que ofrece un desconto de ata o 50% na cota de inscrición, sempre que se axusten aos requisitos establecidos, os cales se marcan no documento que se achega.
Formulario de inscrición – Cursos de Iniciación
Convocatoria: Iniciación 2013 – 2014
Bolsas de Axuda Económica 2013 – 2014
Formulario Solicitude Bolsas 2013 – 2014