Adestradores: Ourense pecha o ano activando Curso de Iniciación

A Delegación Zonal da FGB en Ourense clausura o ano 2018 programando un novo curso de iniciación para adestradores, a celebrar nas derradeiras datas deste mes. 

Gracias á colaboración do Colexio Salesianos, a cidade de Ourense será sede desta convocatoria formativa, marcada para celebrarse, na súa primeira fase, eminentemente práctica; os vindeiros días 28, 29 e 30 de decembro baixo a seguinte programación: 

Curso Iniciación Adestradores – Ourense (decembro 2018)

Fase Presencial

28/12/18: horario de mañá e tarde (Sede: Colexio Salesianos).

29/12/18: horario de mañá e tarde (Sede: Colexio Salesianos).

30/12/18: horario de mañá e tarde (Sede: Colexio Salesianos).

Fase non presencial e avaliativa: Realizarase a través da Plataforma de Formación online FGB a partir do sete de xaneiro de 2019.

Inscrición

Para esta ocasión, os interesados en poder formar parte da que será a última acción formativa da área de adestradores FGB neste 2018, poden formalizar a súa inscrición ata o día 21 deste mesmo mes, cumprindo dous sinxelos pasos:

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

2. Envío, vía mail, á delegación (delegacionourense@fegaba.com) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición.

A documentación e formularios precisos para completar este proceso achégase xunto a esta información. Así mesmo, a dirección adestradores@fegaba.com mantense activa de cara a recibir consultas o solicitudes de información. 

Normativa Iniciación 2018 – 2019
Formulario Preinscrición Iniciación Adestradores: 2018 – 2019
Solicitude Bolsas de axuda económica “Tono Lagares”
Programa de Bolsas de axuda económica “Tono Lagares”

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram