Nova convocatoria para o xa consolidado “Obradoiro de Minibasket”, formato específicamente orientado aos adestradores, coa categoría minibasket como protagonista, e que, neste caso, poderá materializarse en Ourense grazas á colaboración de Carmelitas Vedruna.
Dúas charlas prácticas, comandadas por adestradores colaboradores do ámbito FGB, centrarán esta cita, cuxa data de celebración será a da festividade do 1 de maio, con sede nas instalacións do Colexio Carmelitas Vedruna (Ourense).
Nesta localización reuniranse os técnicos Carlos Maceiras (Profesor da Escola de Adestradores FGB. CB Sarria) e Yago Casal (Profesor da Escola de Adestradores FGB. Novobasket Vigo); sendo encargados ambos de guiar as indicadas intervencións que configurarán o Obradoiro coas temáticas:
Carlos Maceiras: “Xogar en base ao spacing”
Yago Casal: “Equilibrio de ataque empregando o 2×2”
Validación
Así mesmo, este “Obradoiro de Minibasket”, marcado como actividade obrigatoria para todos os alumnos dos cursos de iniciación FGB, sumará oito horas de formación complementaria para os restantes adestradores que non cumpran esta característica. Requisito que se axustará, como estipula a norma, si se asiste á totalidade do evento.
Inscrición
Para participar nesta convocatoria é preciso solicitar previamente a inscrición vía mail (adestradores@fegaba.com), indicando os datos persoais da persona interesada. O prazo para realizar este trámite remata o vindeiro 27 de abril (ás 14.00 h).