Adestradores: “Obradoiro Específico de Minibasket”

II edición para o “Obradoiro de Minibasket”. Esta actividade específica para adestradores, e coa categoría mini como protagonista, celebra este domingo, 1 de maio, a súa convocatoria anual de 2016.

Tres charlas prácticas guiadas por adestradores colaboradores do ámbito FGB centrarán esta cita, a cal esta temporada chega coa particularidade de ofrecer dúas opcións xeográficas de asistencia.

Así, na mesma data e horarios (de 10:00 h a 14:00 h), os adestradores interesados en asistir a este “Obradoiro de Minibasket” poderán escoller facelo en dúas sedes diferentes: Carballo ou Pontevedra.

Na vila coruñesa, os relatores encargados de articular a actividade, a levar a cabo no Pavillón Polideportivo Carballo Calero, serán:

Javier Cotelo (Seleccionador Galego Minibasket Masculino. C.B. Artai)

David Martínez Peciña (Ensino Lugo)

Denis Pómbar (Adestrador Axudante Selección Cadete Feminina. Santa Baia Boiro).

Pola súa banda, a xornada pontevedresa terá lugar no Pavillón CEIP Xunqueira da man de:

Manuel Felpeto (Profesor da Escola de Adestradores FGB. Xuventude Baloncesto)

Diana Piñeiro (Seleccionadora Galega Minibasket Feminina. A.D. Cortegada)

Nacho Silva (Seleccionador Galego Infantil Femenino. R.C. Celta Vigo).

Inscrición
A asistencia a estas propostas do II “Obradoiro de Minibasket” debe articularse mediante inscrición previa co envío dun email a adestradores@fegaba.com. Nesta comunicación deben indicarse os datos persoais de cada adestrador, así como a sede elixida, Carballo ou Pontevedra. O tempo para realizar esta solicitude vence este mesmo xoves, 28 de abril; ás 20:00 h

Como aliciente resaltar a posibilidade de validar a asistencia a este Obradoiro por 8 HORAS de formación complementaria

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram