Adestradores: Monforte e Ourense, sedes para un novo curso de iniciación

As Delegacións FGB en Lugo e Ourense unen obxectivos didácticos e convocan, como co-organizadoras, un novo Curso de Iniciación para Adestradores.

De xeito novidoso, e rendabilizando o interese latente que existe en ambas as áreas por parte de novos adestradores para canalizar a súa formación de xeito oficial, as dúas zonais FGB promoven para o vindeiro mes de marzo (os días 28, 29, 30 e 31) esta peculiar proposta que levará a formacións ás cidades de Monforte e Ourense.

O Curso combinará ambas as sedes, realizándose en primeira instancia a formación en Monforte (días 28 e 29 de marzo), e completando as aulas en Ourense (os días 30 e 31). Todos os alumnos deberán estar presentes durante os catro días, realizando así as aulas repartidas entre as dúas delegacións.

Co prazo de inscrición aberto ata o próximo 20 de marzo, todos os interesados poden consultar as súas dúbidas ou tramitar directamente a súa solicitude de participación nas dúas delegacións implicadas:

delegacionlugo@fegaba.com
delegacionourense@fegaba.com

A documentación precisa (normativa para a formación de iniciación e formulario de inscrición) poden descargarse no apartado FORMACIÓN desta mesma web.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram