Concello de Cambados, Federación Galega de Baloncesto e Club Xuventude Baloncesto promoven o “I Clinic Vila de Cambados”, actividade a realizar no marco do XXXVIII Campionato de España de Clubs Infantil Masculino que se celebra na vila de Marín nestas datas.
Abrindo oportunidade para a participación de todos os adestradores galegos que o desexen, este “I Clinic Vila de Cambados” presenta un programa amplo que se materializará o vindeiro vernes, 16 de xuño; no Complexo Polideportivo “O Pombal” cos seguintes relatores:
(13.30 h) Manu Santos: “Iniciativa Defensiva”
(14.30 h) Picnic Coloquio
(14.45 h) Miguel Ángel Hoyo: “Atacar dende o 1º pase”.
(15.45 h) Café Coloquio
(16.00 h) Chiqui Barros: “2×2 técnica e táctica individual ofensiva ante as diferentes defensas do BD”.
As tres intervencións serán expostas en pista con xogadores, e terán unha duración máxima de 60 minutos. Da mesmas, froito da colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, os asistentes terán a posibilidade de validalas por 8 horas de formación complementaria e 1 CETI, sempre que sexan alumnos dos cursos de adestradores FGB.
Inscrición
Para tramitar a inscripción nesta primeira edición do Clínic “Vila de Cambados” é preciso efectuar ingreso bancario (ES93 2080 5414 6230 4010 4202) da cota de acesso (10 euros) e enviar, antes do mércores, 14 de xuño; o xustificante de pago, así como a reseña dos datos persoais (nome completo, DNI, e club de orixe) vía mail a xuven.cambados78@gmail.com.