A Área de Adestradores FGB suma a FGBRetransmisións unha nova charla técnica das impartidas no marco do IV Claustro Docente FGB, celebrado en Celanova o pasado decembro de 2015.
Uníndose ao material xa publicado en datas pasadas e relativo a este actividade, neste mércores, 17 de febreiro; actívase para a consulta de todos aqueles que o desexen a intervención didáctica sobre os “Recursos necesarios para un xogador en espazos exteriores” protagonizada por Pedro Rivero, adestrador superior e xogador do Ourense Provincia Termal (LEB Oro).
Á mesma pódese ACCEDER AQUÍ.
Máis Propostas
O “IV Claustro Docente FGB” completará en vindeiras datas o seu contido dentro de FGBRetransmisións e faráo baixo este calendario:
29 de febreiro: Andrés Cadahía – “Decisións ofensivas cerca do aro”
9 de marzo: CARLOS MACEIRAS: “Asociar o xogo desde a táctica individual”.