Adestradores: formación en iniciación para estrear 2016

Delegación de Santiago aposta pola formación para comezar con ritmo o ano 2016. No seu plan inmediato de traballo figura unha nova convocatoria didáctica para a iniciación de adestradores.

Delegación Santiago – Curso iniciación Adestradores, febreiro 2016

Datas lectivas: 6 ,7, 8 e 9 de febreiro.

Sede: Instalacións do Colexio Manuel Peleteiro.

Inscrición: aberta ata o dous de febreiro.

Proceso de Inscrición

Os interesados en participar desta convocatoria poden tramitar oficialmente a súa participación a través da Delegación Zonal correspondente:

delegacionsantiago@fegaba.com

Os requisitos básicos que se deben cumprir para a solicitude da inscrición son:

– Cumprir 15 anos durante a temporada en curso.

– Pago da cota de preinscrición (200 euros) que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico. (Abono por transferencia bancaria á conta 2100 – 1455 – 14 – 0200227406. Indicando: nome persoal completo e nivel do curso)

Normativa Iniciación 2015 – 2016
Solicitude Bolsas 2015 – 2016

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram