Adestradores: formación en iniciación na Zonal Viguesa

A Área Deportiva FGB convoca novo Curso de Formación en Iniciación para adestradores. Baixo a normativa vixente para esta temporada 2017 – 2018, esta cita coas aulas preséntase cos seguinte requisitos temporais e de inscrición:

Fase Presencial. Datas e Horarios

(3/12/17) 10:00 h – 14:30 h e 15:30 h – 20:30 h. (Pavillón CUVI- Universidade de Vigo).

(9/12/17) 10:00 h – 14:30 h e 15:30 – 20:30 h. (Pavillón CUVI- Universidade de Vigo).

(10/12/17) 9:30 h – 14:00 h e 15:30 – 21:00 h. (Colexio Salesianos).

Fase non presencial e avaliativa. Datas e Horario, a realizar nas tres semanas posteriores: do 11 ao 27 de decembro a través da Plataforma de Formación online FGB.

Inscrición: aberta ata o 30/11/2017

Os interesados en tramitar a inscrición deben xestionala a través da propia Delegación. Para iniciar o proceso será preciso executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Posteriormente a delegación deberá recibir vía mail o xustificante deste ingreso, así como o formulario de inscrición preciso: delegacionvigo@fegaba.com

Formulario Preinscrición Formación en Iniciación Adestradores: 2017 – 2018
Formación en Iniciación Adestradores: Normativa 2017 – 2018
Programa de Bolsas “Tono Lagares”: 2017 – 2018
Formulario solicitude Bolsas “Tono Lagares”: 2017 – 2018
Formulario solicitude Bolsas “Tono Lagares”: 2017 – 2018

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram