Adestradores: Doble convocatoria para a formación en iniciación

As Delegacións zonais FGB en Lugo e A Coruña activan sendos Cursos de Formación en Iniciación para adestradores. Enfocados ás datas de entroido 2017, en ambos os casos, as actividades didácticas contarán con apartado presencial e non presencial, cumprindo coa carga lectiva estipulada na súa normativa.

As premisas destas dúas convocatorias que deben coñecer e seguir todos os interesados son:

Delegación Coruña – Curso de Iniciación Febreiro 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): de 10/02/2017 a 24/02/2017 (ambos inclusive).

Formación presencial: 25/02/17 a 27/02/2017. Sede: Elviña 1 (sala) e Elviña 2 (pista). A Coruña.

Inscrición: aberta ata o 08/02/2017

Delegación Lugo – Curso de Iniciación Febreiro 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): de 10/02/2017 a 24/02/2017 (ambos inclusive).

Formación presencial: 26/02/17 a 28/02/2017. Sede: Colexio María Auxiliadora. Lugo.

Inscrición: aberta ata o 08/02/2017

Inscrición

Os interesados en tramitar a súas inscricións nunha das dúas propostas deben xestionalo a través das propias delegacións implicadas. Para iniciar o proceso será preciso executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Posteriormente as delegacións deberán recibir vía mail o xustificante deste ingreso, así como o formulario de inscrición preciso:delegacionlugo@fegaba.com e delegacioncoruna@fegaba.com

Bolsas

A Federación Galega de Baloncesto mantén activo un programa de bolsas económicas para a matrícula neste cursos. Todos os alumnos dos mesmos poderán optar a axudas sempre que sexan nados no ano 1995 ou posteriores, residentes en Galicia e resulten APTOS en primeira convocatoria.

Nos documentos que se achegan remítense as bases e información concreta tanto para a realización do curso, como para a solicitude das bolsas. Así mesmo, no apartado FORMACIÓN en INICIACIÓN atópanse todos os datos precisos. 

Normativa Cursos Iniciación 2016 – 2017
Formulario Solicitude Preinscrición Cursos Iniciación
Formulario Solicitude Bolsas Iniciación 2016 – 2017
Normativa Bolsas Iniciación 2016 – 2017

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram