Adestradores – Curso Nivel II:Lucas Mondelo, Moncho Fernández, Tito Díaz e Antonio Pérez, no Bloque de Táctica

O Departamento de Adestradores da FGB continúa nestas datas a realizar a fase non prencial do Curso de Nivel II para adestradores, convocatoria iniciada o pasado mes de novembro e que será a derradeira baixo a estrutura didáctica actual. 

Os 95 alumnos inscritos para este Curso, tras pasar e afondar, grazas ao Campus Online FGB, no bloque de “formación”, acometen nestas datas o denominado Bloque de “Táctica”, unha etapa máis que importante para preparar a que será a parte presencial do curso, que terá lugar do 26 ao 29 de decembro, en Santiago de Compostela (instalacións do Colexio Manuel Peleteiro).

Neste apartado de “Táctica” ao temón das aulas figuran catro técnicos de sobrada experiencia, recoñecido prestixio nacional e que encabeza o actual Seleccionador Nacional Feminino, Lucas Mondelo; cunha sesión denominada “elixir ben a táctica do teu equipo”.

Xunto a Mondelo, e sumando máis calidade ao cadro de docentes, están tamén neste bloque tres técnicos galegos de excepción:

Moncho Fernández (Adestrador Río Natura Monbus): “Xogo de lecturas ofensivas”.

Tito Díaz (Adestrador Leyma Básquet Coruña): “Xogo Dinámico”.

Antonio Pérez (Adestrador CB Clavijo): “Análisis Táctico dun Xogador”.

Captura de pantalla completa 16122016 131132

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram