Adestradores: Charlas Técnicas “San José – Sauces”

O C.B San José de La Guía (Vigo), en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto; ofrece a oportunidade de comezar 2016 con toda a atención posta na formación. A entidade viguesa organiza o vindeiro catro de xaneiro, nas súas propias instalacións, unha nova proposta didáctica baixo o xa coñecido formato de “Charla Técnica” a cargo de destacados profesionais do noso basket.

Para a ocasión, e repartindo as intervencións de todos eles durante a tarde do citado día 4, darán vida a esta convocatoria: Félix Muñoz, adestrador do VGO Basket; Simón Rodríguez, Director Técnico do CB Tui; Darío Méndez, Director Deportivo Porriño Baloncesto Base; e Jorge Moreno, responsable do Comité Galego de Árbitros no ámbito zonal de Vigo.

O programa completo das súas catro “Charlas Técnicas” comprende as seguintes temáticas e franxas horarias:

(16:00 h) Felix Muñoz: “Táctica Defensiva”

(17:00 h) Simón Rodríguez: “Técnica Individual Defensiva”

(18:00 h) Darío Méndez: “Técnica Individual Ofensiva”

(19:00 h) Jorge Moreno: “Regras de Xogo”

Participación
A asistencia ás “Charlas Técnicas San José – Sauces” será completamente aberta e de balde. O único requisito previo a cumprir será a inscrición vía mail a adestradores@fegaba.com solicitando a participación.

Así mesmo, os técnicos que se atopen desenvolvendo a súa formación actual nos Cursos FGB poderán validar a presenza nas catro charlas íntegras por 8 horas de formación complementaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram