Adestradores: Boiro, sede física para a formación en iniciación

a vila de Boiro é a ubicación elixida polas Delegacións FGB en Santiago e Arousa para o seu inminente curso de iniciación de adestradores, a realizar en formato conxunto, e que comeza este mesmo xoves, 17 de maio.

A formación presencial realizarase nas instalación do Club Santa Baia, levando a cabo unha carga lectiva a repartir entre os días 17, 19 e 20 de maio. Posteriormente dará inicio o formato online e avaliativo do curso, a materializarse a través da Plataforma de Formación ONLINE FGB.

A posibilidade de inscrición permaecerá aberta ata este mérecores 16 de maio, debendo cumprir os interesados os correspondentes requisitos:

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

2. Envío, vía mail, á delegación zonal do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición. ( delegacionsantiago@fegaba.com oudelegacionarousa@fegaba.com)

O peso lectivo completo, así como a normativa básica deste novo curso poden consultarse nos documentos que se achegan.

Formación en Iniciación Adestradores: Normativa 2017 – 2018
Formulario Preinscrición Iniciación Adestradores: 2017 – 2018
Programa de Bolsas de axuda económica “Tono Lagares”: 2017 – 2018
Formulario solicitude Bolsas “Tono Lagares”: 2017 – 2018

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram