Adestradores: Básquet Coruña promove “xornadas de formación”

(Info: Básquet Coruña) O novo programa de “charlas formativas” posta en marcha polo club herculino comeza este mesmo martes, 16 de febreiro; ás 22:30 horas na Polideportiva de Riazor -2 da man de Javier Codesido. 

A Área de Adestradores FGB recoñecerá tres horas de formación complementaria por cada charla á que asistan os alumnos en prácticas dos Cursos Federativos. 

Baixo o título “E ti como adestras?” Básquet Coruña celebra a partir deste martes unhas xornadas de formación para adestradores, avaladas pola Federación Galega de Baloncesto. 

Entre os relatores figuran adestradores e profesionais do basket de recoñecido prestixio na Coruña e na súa ampla zona de influencia xeográfica. Na maior parte dos casos trátase de adestradores superiores ben coñecidos polo seu traballo e traxectoria. 

O prazo de inscrición está aberto para todas as sesións, que son gratuitas e abertas a todos os adestradores da cidade e área metropolitana. O lugar e hora de celebración será, en todos os casos, a Polideportiva de Riazor 2, ás 22:30 horas.

Programación
As xornadas comezan este mesmo martes ás 22:30 horas da man de Javier Codesido, quen tratará sobre “Aprender a xogar sen o balón. Atacar espazos, crear espazos”.

A programación das próximas charlas é a seguinte:

23 de febreiro: “Estrutura defensiva: Conceptos individuais e colectivos” – Carlos Cortés.

15 de marzo: “Estructuración da sesión e unidade básica de adestramento” – Javier Rodríguez.

31de marzo: “Aprendendo a adestrar a defensa individual” – Javier Cotelo.

12 de abril: “Tecnificar en todas as idades. Propostas para equipo LEB” – Charlie Uzal.

21 de abril: “O 1×1 tras xogo sen balón. Atacar sobre o pase” –  Román Gómez.

5 de maio: “Fomentar a liberdade para decidir” – Fernando Buendía.

19 de maio: “Metodoloxía da técnica individual en categorías de formación” – Jorge Iglesias.

9 de xuño: “Adestramento do tiro nas diferentes idades de formación” – Mª José Cousillas.

Para realizar a inscrición os interesados poden dirixirse ao Club a través do correo club@basquetcoruna.com ou do teléfono 981 264 022.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram