Adestradores: as zonais FGB en Ourense en Santiago convocan Curso de Iniciación

Nova cita formativa no calendario deste 2017. SumÔndose aos cursos xa celebrados en Vigo, Lugo e A Coruña, dúas novas delegacións FGB, Ourense e Santiago, teñen todo preparado para acometer a súa quenda formativa en iniciación.

Destinando a posta en marcha desta actividade para o próximo mes de abril, a carga lectiva estipulada para cada estadio didÔctico estarÔ repartida do seguinte xeito:

Delegación Santiago – Curso de Iniciación marzo 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): a partir do 27/03/17.

Formación presencial: 08, 10 e 11/04/17 Sede: Boiro.

Inscrición: aberta ata o 26/03/2017.

Delegación Ourense – Curso de Iniciación marzo 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): a partir do 24/03/17.

Formación presencial: 08, 09 e 10/04/17 Sede: Instalacións cedidas por Club Carmelitas Vedruna.

Inscrición: aberta ata o 23/03/2017.

Os interesados en tramitar a súa inscrición deberÔn materializar a mesma a través da delegación implicada, seguindo este plan de acción:

– Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros – Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclĆŗe matrĆ­cula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didĆ”ctico.

– Enviar Ć”s delegacións vĆ­a mail o xustificante deste ingreso, asĆ­ como o formulario de inscrición oficial (delegacionsnatiago@fegaba.com e delegacionourense@fegaba.com)

Bolsas

Para esta dobre convocatoria, a Área de Adestradores FGB mantén aberto o seu programa de bolsas de axuda económica. Nesta liña, as persoas interesadas en tramitar a súa participación nas propostas de Santiago ou Ourense poderÔn optar a estas bolsas, sempre e cando o soliciten no mesmo intre de tramitar a súa inscrición, sexan nados no ano 1995 ou posteriores e residentes en Galicia.

AsĆ­ mesmo, serĆ” imprescindible resultar APTO en primeira convocatoria do curso para conquerir esta axuda.

Nos documentos que se achegan remĆ­tense as bases e información concreta para a formaicón en inciación e a solicitude das bolsas. AsĆ­ mesmo, no apartado FORMACIƓN en INICIACIƓN permanecen aloxados os datos precisos da aĀ“rea formativa para os adestradores galegos.

Normativa Cursos Iniciación 2016 – 2017
Formulario Solicitude Preinscrición Cursos Iniciación
Formulario Solicitude Bolsas Iniciación 2016 – 2017
Normativa Bolsas Iniciación 2016 – 2017

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram