Adestradores: a zona de A Mariña Lucense obxectivo dun novo curso de iniciación

A Delegación lucense FGB, a través da súa división zonal en A Mariña, promove a posta en marcha dunha nova convocatoria didáctica de iniciación para a área de adestradores.

Situando as fins de semana do 20 – 21 e 27 – 28 de xuño como datas referentes da actividade, o programa deste Curso contempla carácter itinerante, realizando, previsiblemente, as aulas en Ribadeo os primeiros dous días e visitando unha segunda sede, por confirmar, nas datas restantes.

Esta nova oportunidade formativa mantén aberta xa a súa inscrición, debendo proceder os interesados na mesma a tramitala a través da Delegación Zonal correspondente (delegacionlugo@fegaba.com).

A documentación precisa para levar a cabo este requisito (normativa para a formación de iniciación e formulario de inscrición) poden descargarse no apartado FORMACIÓN desta mesma web.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram