A Ćrea Deportiva FGB abre esta mesma semana o seu derradeiro Curso de Nivel II para adestradores, cita que despedirĆ” o sistema formativo FGB existente ata este ano 2016.
Antes de emprender unha nova liña didÔctica dos seus cursos baixo o formato de Ciclo de Grado Medio, o Departamento de Adestradores da FGB despide neste mes de novembro a formación en segundo nivel, e faino cun total de 95 alumnos que, procedentes de diferentes puntos de toda España, dan xa un paso mÔis na súa carreira como técnicos.
Este case centenar de adestradores afrontarÔ o curso en tres fases diferenciadas e consecutivas: On line (do 23 de novembro ao 23 de decembro), presencial (do 26 ao 29 de decembro nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro en Santiago de Compostela) e a definitiva de avaliación (do 10 ao 31 de xaneiro de 2017).
Precisamente na primeira delas, a etapa “on line”, atópanse xa os alumnos, materializando a mesma a travĆ©s da recen estreada Plataforma āOn lineā FGB e acometendo o denominado bloque de āFORMACIĆN”. Xunto a eles, guiando a sĆŗa evolución neste primeiro chanzo, traballa un cadro de profesores e titores de luxo, tal e como xa nos ten acostumados a Escola Galega de Adestradores. Neste caso, os encargados de dirixir esta primeira sección temĆ”tica e as sĆŗas materias son:
Carles DurƔn (Bilbao Basket): Master Class.
Diego Ocampo (Joventut Badalona): āEvolución individual dun xogadorā.
CƩsar Iglesias (Novobasket Vigo): TƩcnica individual.
Cristino Menor (Director Deportivo Estudiantes Lugo): TƔctica Individual.
Carlos Maceiras (Club Ourense Baloncesto): TƩcnica individual