Actualizacións no Protocolo FISICOVID – DXTGALEGO FGB

Actualizacións importantes para o Protocolo FISICOVID – DXTGALEGO FGB. Tras solicitude recibida por parte da Secretaría Xeral para o Deporte no marco do seu traballo en colaboración cos distintos coordinadores das Federacións, faise preciso adecuar os tres documentos diferenciados dos que se compón o Protocolo FGB, os cales achegamos xa modificados e nos que, de xeito específico, se presentan novidades nos seguintes puntos:

– Rexistro de Asistentes a actividades Deportivas: No caso deste novo requisito, a FGB porá a disposición dos clubs, e de xeito gratuito, a app “Afority”, destinada a realizar o servizo de control de aforos.
Esta posibilidade vén da man da colaboración da propia FGB con CLUPIK, start up de servicios tecnolóxicos e dixitais no ámbito do deporte.

– Medidas de Ventilación das Instalacións.

– Uso de Vestiarios.

– Uso de Baños.

Coordinador FISICOVID – DXTGALEGO do Club/Entidade Deportiva.

– Procedemento de Comunicación de Incidencias (CLUBS, Federación e Secretaría Xeral para o Deporte.

Solicitamos a todos, unha vez máis, a consulta e lectura detida das actualizacións, e do protocolo ao completo, para seguir cumprindo, como ata o momento, os requisitos que permiten realizar a práctica federada do Baloncesto en Galicia.

Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO – FGB (11/01/21)
Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO Anexo 1: Competicións (11/01/21)
Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO Anexo 1: Adestramentos (11/01/21)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram