Actualización en Fegaba TV para o “Claustro Docente FGB”

A canle en YouTube da FGB, coñecida como Fegaba Tv, suma este mércores, 15 de novembro; novo contido formativo dirixido, principalmente, aos adestradores.

No marco do denominado “Claustro docente FGB”, nesta ocasión, publícase unha máis que interesante intervención do técnico Ricard Casas, realizada a mesma o pasado mes de outubro na vila de Sarria. Esta charla, baixo a temática “Construcción táctica ofensiva orientada á dirección do partido” está xa disponible para a consulta de todos os interesados e de xeito libre na seguinte ligazón:

En próximos días, e para sumarse á esta aportación, e á tamén xa publicada neste espazo e protagonizada por Miguel Méndez; engadiranse as esperadas charlas dos técnicos Tito Díaz (“Lecturas defensivas e ofensivas do bloqueo directo”) e Manu Santos (“Planificación técnico-táctica en microciclo de competición”), tamén impartidas no Concello de Sarria, grazas á colaboración da propia entidade local e C.B. Sarria. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram