Deporte Galego

Planeta Mini 2022 - 09/01/22: Galicia Mini Masculina, protagonista

Explosión de ledicia na expedición Galega na xornada de debut. Dúas importantes vitorias da Selección Masculina ante Madrid e Valencia abren un camiño moi positivo no futuro deste Planeta Mini 2022. No apartado feminino, as galegas non gozaron de tanta sorte na súa estrea, sumando unha derrota pero tamén moitas gañas de repoñerse da mesma nos partidos que están por vir. 

Galicia vive a ilusión do Planeta Mini 2022

Regresa o Planeta Mini e con el o Baloncesto en estado máis puro. O Campionato de España de Seleccións Minibasket comeza este sábado, 9 de abril; en San Fernadno (Cadiz) con Galicia preparada para vivilo, como sempre, intensamente.

Galicia preparada para o KDTINF 2022

Chegou o momento!. Tras a súa suspensión na data de celebración inicial, o pasado mes de xaneiro; as Seleccións Galegas Infantís e Cadetes afrontan desde este sábado, 9 de abril; e ata o vindeiro mércores, día 13, o Campionato de España de ambas as categorías. 

Federación Galega de Baloncesto e Special Olympics Galicia renovan a súa alianza deportiva

Federación Galega de Baloncesto e Special Olympics Galicia unen os seus camiños unha temporada máis. Ambas as entidades asinaron este martes, 22 de marzo; un convenio de colaboración polo que estenden a súa relación mutua no ámbito das competicións que promove Special Olympics para achegar o Deporte ás persoas con discapacidade intelectual. O Presidente FGB, Francisco Martín; e o seu Director Técnico do Comité Galego de Árbitros; Miguel Ángel Pérez; recibiron para levar a cabo a rúbrica a Eladio Fernández, máximo representante de Special Olympics.

IX Xornada de Harmonización do Minibasket Galego

Novena edición para a Xornada de Harmonización do Minibasket Galego, e de novo co Colexio Manuel Pelteiro como sede. A área Deportiva FGB reunirá este domingo, 20 de marzo, no centro educativo santiagués a un total de 89 xogadores das xeracións 2011 e 2012 para afondar con eles en múltiples aspectos deportivos.

Galicia confirma as súas Seleccións para os Campionatos de España

Certificadas as listas definitivas de xogadores e xogadoras que representarán a Galicia nos Campionatos de España de Seleccións. A coincidencia no vindeiro mes de abril (do día 9 ao 13) dos nacionais de Seleccións en categorías minibasket, infantil e cadete, reunirá en terras andaluzas as nosas seis seleccións para desfrutar e competir ao máximo nivel.

Pereiro de Aguiar aposta polas actividades de tecnificación FGB

Novo acordo para o impulso do Baloncesto Base na Delegación FGB en Ourense. A Secretaria Xeral FGB, Susana Fernández; e a responsable da propia Delegación, María Varela; compartiron este xoves unha reunión co Alcalde do Concello de Pereiro de Aguiar, Luis Menor.

O Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket regresa a Marín

Volve a Marín o Torneo de Seleccións Autonómicas Minibasket. Tras un 2021 de ausencia por mor das circunstancias sanitarias, esta cita xa tradicional para as nosas preseleccións galegas celebra esta fin de semana, 26 e 27 de febreiro; a súa VIII edición e, faino, de novo, no Concello de Marín, coa colaboración da propia institución e do club local, Marín Peixegalego. 

Dobre representación arbitral galega na Copa ACB 2022

Día de debut para os colexiados galegos na copa ACB que este ano ten lugar en Granada entre os días 17 e 20 de febreiro. Tras a intensa apertura do torneo, que contou este xoves coa representación galega por parte do CB Breogán, deixando unha grande imaxe na súa derrota ante o Real Madrid (73 - 67); a quenda chega agora para os colexiados galegos Carlos Cortés e Miguel Ángel Perez.

Leyma Natura e FGB reafirman a súa colaboración

Leyma Natura e Federación Galega de Baloncesto fortalecen a súa unión no marco da promoción e apoio ao Baloncesto Galego. A marca láctea galega e a entidade federativa compartiron na tarde do mércores, 10 de febreiro; unha reunión na que continuar a traballar en accións conxuntas que trasladen ao noso deporte os valores de compromiso, esforzo e traballo que Leyma representa.

ERIC SPORTS achega a súa plataforma de xestión e mellora do rendemento deportivo aos clubs galegos

  • 26 Xaneiro 2022 |
  • Sección: Clubs

 A Federación Galega de Baloncesto, da man do seu colaborador tecnolóxico ERIC Sports, traslada aos clubs galegos a posibilidade de acceder a un novo servizo de xestión deportiva e de videoanálisis para a análise técnica e táctica de xogadores e equipos. ERIC Sports, empresa punteira a nivel internacional en solucións de xestión, planificación, analítica de vídeo, Big Data e intelixencia artificial aplicada ao deporte, cede de xeito gratuíta aos clubs FGB, durante seis meses, 50 licenzas da súa plataforma “ERIC Star” e de Sports Data Manager.

Fondo Pesar polo falecemento de Ricardo Hevia

A Federación Galega de Baloncesto, encabezada polo seu Presidente, Francisco Martín; ao que se suma todo o seu equipo directivo, administrativo e deportivo, desexa trasladar as súas máximas condolencias polo falecemento de Ricardo Hevia, toda unha Institución e Peza Fundamental na Historia do Noso Baloncesto. 

 

Seleccións Galegas: nova Programación 2022 con destino nos Campionatos de España

Novo ano e novo ciclo de traballo para as Preseleccións Galegas nas súas diferentes categorías. Coa recente suspensión do Campionato de España Infantil e Cadete, provisto nun inicio para estes primeiros días de xaneiro e con nova data marcada entre o 9 e o 13 de abril; a programación deportiva das nosas Seleccións renóvase, sumándose agora estas dúas categorías á estrutura e mapa de acción que o grupo minibasket tiña establecida para este presente mes.

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence