A Copa Galicia de Baloncesto Masculino regresa no mes de agosto e faino cun formato especial, abrindo o mesmo coa celebración dunha Final de categoría “ACB”. Esta cita será o vindeiro día 28, ás 19.00 h, en Ferrol (Pavillón A Malata).
Monbus Obradoiro e Río Breogán converteranse nos primeiros protagonistas desta XXXV edición da Copa, competición que volve tras a súa suspensión na pasada temporada, e que nesta ocasión celébrase baixo a organización de Concello de Ferrol, CB Irmandiños e Asociación ALCER CORUÑA, outorgándolle ademais unha importante motivación solidaria.