Deporte Galego

Super User

Super User

Preseleccións Galegas: Galicia mide as súas forzas en Asturias e Euskadi

As nosas Pre Seleccións Galegas infantil e cadete femininas, e a cadete en categoría masculina; afrontan nestes días festivos a oportunidade de medir o seu estado de xogo a un mes da súa cita definitiva: o Campionato de España.

Os combinados femininos participan en senllos torneos amigables no País Vasco, atopándose en fronte a Euskadi, Castilla León e Asturias. Pola súa banda, os cadetes masculinos compiten en Pola de Lena (Asturias) xunto a selección local, Cantabria e País Vasco. 

 

XIII Certame de Debuxo: "O Baloncesto e o Nadal"

A FGB, en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas e con Amura Sport; pon en marcha a XIII edición do seu “Certame de Debuxo: O Baloncesto e o Nadal”, concurso que cada temporada decide a postal que desexará boas festas a todos os federados, e que este ano ten un compoñente solidario e especial.

Proceso Electoral FGB: Proclamación PROVISIONAL dos Membros da Asamblea Xeral FGB

Remitimos ACTA da Xunta Electoral FGB - 01/12/22 celebrada esta tarde e na que se publica a Proclamación Provisional dos Membros da Asamblea Xeral FGB electos tras a celebración o pasado luns, 28 de novembro; das votacións presenciais dos diferentes estamentos, e tras completarse estas co escrutinio do voto por correo, celebrado na tarde do mercores 30.

 

Eleccións á Asembleístas FGB: Resultados PROVISIONAIS do Voto por correo

Dando cumprimento ao artigo 30 do Regulamento para o Proceso Electoral FGB, aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte, procedemos á exposición pública da acta dos resultados PROVISIONAIS das votación á Asembleístas FGB realizadas mediante o VOTO POR CORREO. O escrutinio destes resultados realizouse na tarde do mércores, 30/11/22.

Seleccións Galegas: Programación Minibasket

A categoría Minibasket inicia a actividade no ámbito das Seleccións Galegas nesta temporada 2022 – 2023.

A inminente chegada do novo ano abre a súa programación de traballo, a cal se estenderá ata o futuro mes de abril, mes establecido para a meta do seu camiño: o Campionato de España. 

Designadas as sedes dos Campionatos de España 22/23 e 23/24

A Comisión Executiva da FEB designou as sedes dos Campionatos de España de Clubs das dúas próximas tempadas. Tamén hai sede confirmada para as tres próximas edicións do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Minibasket.

O Concello de Marín, coa colaboración de Club Baloncesto Marín Peixegalego, volverán a ser anfitrións esta temporada 22 - 23 dun Campionato de España de Clubs: o Infantil Feminino. 

Galicia será sede tamén para esta categoría, en masculino e feminino, na vindeira temporada 23 - 24.

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis