Recta final para as Seleccións Galegas de Minibasket no seu camiño cara San Fernando (Cádiz), sede do Campionato de España. Dúas fins de semana por diante son a marxe de traballo que lles resta por completar para poñer rumbo a terras andaluzas. A primeira delas, a que está a piques de comezar, a deste 17 e 18 de marzo.
Os xogadores e xogadoras de ambos os nosos combinados autonómicos están chamados a persoarse ás 11.30 h deste sábado na Residencia ACEIMAR, en Vigo, escenario para o seu traballo neste caso.
Alí mesmo terán lugar as sesións de adestramento programadas polas seleccionadoras, Paula Couto e Julia Pena, e un total de catro encontros amigables configurados deste xeito:
Sábado, 17/03/12 - Instalacións Deportivas Residencia ACEIMAR
18.30 h: Selección Galega Minibasket Feminina - R.C. Celta Infantil Feminino
18.30 h: Selección Galega Minibasket Masculina - Seis do Nadal Infantil Masculino
Domingo, 18/03/12 - Instalacións Deportivas Residencia ACEIMAR
10.00 h: Selección Galega Minibasket Feminina -Maristas Infantil Feminino
10.00 h: Selección Galega Minibasket Masculina - Maristas Infantil Masculino