O gabinete técnico da Federación Española de Baloncesto vén de comunicar as listas de xogadores e xogadoras que integrarán as preseleccións de formación FEB dentro das concentracións que habitualmente se realizan en datas de Semana Santa.
Nas convocatorias feitas públicas pola FEB Galicia conta cun total de 5 xogadores e 6 xogadoras que terán a oportunidade de formar parte deste proceso de preparación das distintas preseleccións, cada unha cun reto futuro diferente no que traballar a conciencia.
Nos documentos que se achegan xunto aos nomes dos xogadores e xogadoras galegas poden consultarse todos os detalles das correspondentes concentracións que os agardan neste mes de abril dentro da indicada disciplina FEB.
Preselección U17 Feminina
Marta Canella (Celta de Vigo)
Rebeca Navarro (Pefumerías Avenida)
Preselección U15 Feminina
Paloma Dorda (Maristas Coruña)
Preselección U14 Feminina
Blanca Millán (Peleteiro)
Paula Ginzo (Carmelitas)
Paula Valiño (Carmelitas)
Preselección U18 Masculina
Adrián Chapela (Estudiantes de Lugo)
Preselección U17 Masculina
Alberto Abalde (Joventut)
Preselección U16 Masculina
Carlos Martínez (Saski Baskonia)
Preselección U15 Masculina
Jonatahan Barreiro (Sant Yago)
Operación Talento FEB U14
Eduardo Lada (FEDESA)