Deporte Galego

KDTINF2023: Galicia entra na conta atrás para o Campionato de España

  • 01 Xaneiro 2023 |

Galicia conta xa as horas para poñer rumbo a Campionato de España de Seleccións Infantís e Cadete. O KDTINF2023 agarda en Huelva a partir do día tres de xaneiro, e a expedición galega parte na noite deste domingo cara terras andaluzas. 

Nesta edición a competición realizarase baixo un sistema máis aberto, cunha única categoría de xogo. Abrirase a acción coa fase de grupos nos dous primeiros días do KDTINF2023. Clasificaranse os dous primeiros equipos dos Grupos A, B e C e os líderes do D e do E. De xeiro paralelo, haberá outro cadro de cruces para dirimir os postos do 9 ao 16 (3º e 4º do Grupo A, 3º do B e C e 2º e 3º do D e E); e un triangular para os postos do 17 ao 19 (4º dos Grupos B, C e D).

Pero antes de que arrinque esta viaxe e a propia competición, queremos facer reconto do camiño percorrido por cada Selección e recoller a ilusión e expectativas deportivas que agardan. E que mellor que coñecer estas sensacións da man dos catro Seleccionadores. 

Galicia Infantil Feminina - Miguel Castro 

Miguel Castro dirixe ás nosas infantís femininas, un equipo que segundo a súas propias verbas caracterizase por non baixar nunca os brazos. Esa será unha das súas "señas de identidade" máis importante para un Campionato no que buscan "desfrutar".  

Galicia Infantil Feminina comeza o KDTINF2023 no GRUPO A xunto a La Rioja, Baleares e Cataluña. 

Galicia Infantil Feminina

Calendario KDTINF23 - Categoría Infantil

Galicia Infantil Masculina - Pablo Abuín

A selección que lidera Pablo Abuín chega ao KDTINF2023 como “un grupo físico, con calidad e ben taballado”. Grazas ao esforzo de todos os xogadores que participaron durante a etapa de preparación, os infantís galegos chegan ben enfocados á cita definitiva. Afrontarán, en primeiro lugar; unha fase de grupos con rivais complicados, pero o que non les faltará en ningún caso será a “ilusión en cada partido”. 

Galicia Infantil Masculina comeza o KDTINF2023 encadrada no GRUPO A con Cantabria, Asturias e Madrid como rivais. 

Galicia Infantil Masculina

Calendario KDTINF23 - Categoría Infantil

Galicia Cadete Feminina - Nacary Rojas

Nacary Rojas lidera a unha Selección Cadete da que estar moi satisfeitos co seu traballo de preparación. Agora toca amosar na pista "todo o adestrado ata o momento" e "competir ao máximo nivel". 

Galicia Cadete Feminina inicia o KDTINF2023 inmersa no GRUPO E con Aragón e Illas Baleares.

Galicia Cadete Feminina

Calendario KDTINF2023 - Categoría Cadete

Galicia Cadete Masculina - Gonzalo García de Vitoria

Gonzalo García encabeza unha selección cadete que vén de realizar unha etapa de preparación na que a achega de todos os xogadores que tomaron parte deixou unha pegada máis que positiva. 

No futuro más inmediato o obxectivo para o KDTINF2023 é desfrutar do baloncesto e competir baixo un seña de identidade propia. Galicia busca completar un campionato coa “intensidade e o traballo” como referentes do seu xogo. 

Galicia Cadete Masculina arrincará o KDTINF2023 dentro do GRUPO A ante Asturias, Extremadura e Madrid. 

Galicia Cadete Masculina

Calendario KDTINF2023 - Categoría Cadete

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis