Deporte Galego

Amplíase o prazo de remisión de enquisas á FGB

  • 24 Febreiro 2012 |

A Federación Galega de Baloncesto, tal e como xa indicou en anteriores datas, está a pulsar a opinión de todos os seus clubs, independentemente da súa categoría, de cara á confección das Bases de Competición 2012 - 2013. Para este propósito todos os clubs recibiron vía mail un formulario cunha enquisa para que procederan á súa resposta.

Agradecendo de antemán a todos aqueles clubs que xa achegaron as súas opinións, a FGB, consciente da importancia de contar coa colaboración da totalidade dos clubs, e para poder aumentar o número de formularios recibidos, sumando así novos e valiosos criterios, decide, e como tal o comunica, ampliar o prazo de envío das enquisas, de xeito final e improrrogable, ata as 20.00h do vindeiro 29 de febreiro.

Lembramos que para facilitar o proceso a todas aquelas persoas que se atopen con dúbidas ou problemas informáticos para cubrir e remitir a enquisa, achegáronse xunto á mesma unhas recomendacións a seguir, xunto a un correo de contacto para posibles dúbidas (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis