Deporte Galego

A FGB coñece o proxecto Ecoballution

  • 28 Decembro 2022 |

A Federación Galega de Baloncesto toma contacto co proxecto Ecoballution, iniciativa de economía circular vinculada ao deporte.

O máximo responsable desta aposta, o xogador galego Carlos Martínez, referente nacional a nivel de 3x3, integrante da Selección Española nesta modalidade e, con ampla traxectoria en Baloncesto 5x5; presentou á FGB a súa proposta de redes ecolóxicas para canastras.

Carlos Martínez e o principal representante da actual comisión xestora da FGB, Paco Martín; departiron sobre os valores e obxectivos que moven estas redes. Recicladas por redeiras de Corme a partir de redes de pesca xa en desuso, con elas Ecoballution busca combinar baloncesto, sostenibilidade e educación social.

A presenza destas redes non é allea na alta competición, contando con colaboracións con ACB, NBA e FEB. Tampouco na nosa Comunidade, onde xa traballan coa Fundación Breogán a través do proxecto “Ningún aro sen rede” para dotar destas redes a colexios que o soliciten.

Un proxecto que camiña sumando baloncesto e concienciación social e do que agradecemos coñecer máis ao detalle da man do seu impulsor. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis