Deporte Galego

A Fase Final da Copa Galicia Feminina chega a Ferrol

  • 20 Setembro 2022 |
A Fase Final da Copa Galicia Feminina chega a Ferrol
(Foto: Baxi Ferrol)
  • Durán Maquinaria Ensino - RC Celta Zorka Recalvi BAXI Ferrol - CB Arxil serán os duelos de semifinais que abrirán esta Fase Final este venres no Pavillón de A Malata.
  • A final desputarase o domingo, 25 de setembro; ás 12: 00 h
  • A Federación Galega de Baloncesto ofrecerá ao completo e en directo os tres encontros desta Fase Final a través da súa canle oficial de YouTube, FEGABA TV.

Esta mañá presentouse no Concello de Ferrol a fase final da XXXV Copa Galicia Sénior feminina que se vai a celebrar este venres 23 e o domingo 25 no pavillón da Malata. No acto estiveron presentes o concelleiro de Deportes de Ferrol, Antonio Golpe; o presidente da xunta xestora da Federación Galega de baloncesto, Francisco Martín; e o presidente do BAXI Ferrol; Santi Rey, xunto coas xogadoras Irene Gari e Andrea Boquete.

No marco da presentación realizouse o sorteo de cruces para as semifinais que abrirán a competición na tarde do venres, deparando o mesmo os enfrontamentos: Durán Maquinaria Ensino- RC Celta Zorka Recalvi (18:00 h)  e BAXI Ferrol - CB Arxil (20:15 h). Os vencedores de ambas as semifinais veranse as caras o domingo, ás 12:00 h, na Final. 

O edil ferrolán destacaba que “é unha satisfacción para Ferrol acoller unha competición na que van estar presentes os mellores clubs galegos femininos e desexo sorte aos participantes”.

Pola súa banda, Francisco Martín agradecía “ao Concello por volver acoller unha competición da Federación Galega e ao BAXI Ferrol por asumir o reto de que se faga nesta cidade”. O presidente do club ferrolán daba as grazas tanto ao Concello como á Federación Galega “porque se poida vivir esta fase final en Ferrol e esperamos que se vexan dúas boas xornadas de baloncesto e que a xente desfrute".

Venda de entradas
Mañá mércores e o xoves, entre as 19.00 h e as 21.00 horas, abrirase o despacho de billetes do pavillón da Malata para a venda anticipada das entradas. En canto aos prezos, para o público as entradas custarán 10 euros por xornada, para os maiores de 18 anos, aínda que se se compran para os dous días poderase ir as dúas xornadas por 14 euros. Os que teñan entre 6 e 17 anos pagarán 5 euros por cada xornada e 7 si se compran as dúas entradas, mentres que os menores de 6 anos entrarán gratis, pero terán que retirar unha invitación.

Pola súa banda, os abonados do BAXI Ferrol maiores de 18 anos abonarán 6 euros por cada xornada e 8 se compran as dúas entradas. Os que teñan entre 6 e 17 anos pagarán 3 por xornada e 4 se compran para os dous días, mentres que os menores de 6 anos entrarán gratis, pero terán que retirar unha invitación. Ademais, os integrantes dos equipos de base do club ferrolán tamén terán a entrada gratuíta, pero terán que retirar unha invitación.

Emisión En directo
A fase final ao completo desta XXXV Copa Galicia Sénior Feminina poderase seguir en directo a través da canle da Federación Galega de Baloncesto en YouTube, FEGABA TV. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence