Deporte Galego

Torneo de Baloncesto Feminino "Cidade de Santiago"

  • 12 Setembro 2022 |

Comeza a conta atrás. Entre o mércores e o venres da vindeira semana, Santiago convertirase en epicentro do baloncesto feminino de elite a nivel nacional coa celebración da primeira edición do Torneo de Baloncesto Feminino "Cidade de Santiago" Trofeo Xacobeo 21-22.

Os días 14, 15 e 16 os equipos da Liga Endesa Ensino Lugo CDB Clarinos Tenerife e C.B. SPAR Gran Canaria serán os protagonistas dunha cita inesquecible que contará ademáis con varias actividades paralelas como a celebración dun Torneo de base para as categorías infantil, cadete e júnior (tamén feminino), e unha mesa redonda onde se debatirá sobre o presente e o futuro do básquet feminino en España.

A sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia acolleu onte a presentación deste Torneo de Baloncesto Feminino "Cidade de Santiago" Trofeo Camino Xacobeo nun acto que contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; da Concelleira de Concellería de Deportes de Santiago de Compostela do Pazo de Raxoi Esther Pedrosa; a secretaria xeral da Federación Galega de Baloncesto Susana Fernández Fuiza; o presidente do Rosalía Ubaldo Rueda, o presidente da Fundación Fedesa Ángel Cabana, o director do IES Rosalía de Castro Xabier Mouriño e do presidente do Consello de Administración de Grupo Ulla Jesús García Rendo.

Ubaldo Rueda foi o primeiro en sinalar que se trata dun “proxecto ambicioso de baloncesto feminino” que nace baixo o paraugas doutro proxecto, o de "Institutos de Compostela-Xunta de Galicia", que hai dúas tempadas impulsou o conselleiro de Educación e Cultura Román Rodríguez e o seu equipo con Valentín García como un dos seus principais valedores. O presidente do Rosalía insistiu en agradecer “o apoio decidido do Concello de Santiago, de Esther Pedrosa e de Gumersindo Guinarte”, e doutros organismos como o Xacobeo, Deporte Galego, a Secretaría Xeral para o Deporte, a propia Federación Galega de Baloncesto e entidades como a Deputación da Coruña, a Consellería de Igualdade e a de Educación, xunto a empresas como Ulla Oil, ABANCA ou Comercio Punto Compostela. Ubaldo Rueda suliñou a competición de base que se celebrará en Santiago de forma paralela na que participarán clubes tan recoñecidos como Celta Baloncesto Femenino Club Baloncesto Arxil Club Baloncesto Barbanza Ensino Lugo ademáis do anfitrión Institutos de Compostela-Xunta de Galicia. Non esqueceu o presidente do Rosalía enfatizar unha das súas grandes teimas: “A unión entre deporte, deporte feminino, e cultura co papel dinamizador dos centros de ensino público como paso clave tamén para a construcción dunha cidade e dun país”.

A secretaria xeral da Federación Galega de Baloncesto, Susana Fernández Fiuza; agradeceu “todas estas iniciativas que se toman desde o Rosalía”, o papel das institucións públicas e privadas “porque sin ellas no se podrían llevar a cabo estos eventos” e felicitou aos organizadores do Torneo de Baloncesto Feminino "Cidade de Santiago" Trofeo Xacobeo 21-22 por “aunar una vez más cultura y deporte” ao tempo que aplaudiu o feito de que a cita dea protagonismo á muller.

O director do IES Rosalía de Castro Xabier Mouriño confesou estar “moi orgulloso de formar parte desta comunidade de deporte de Institutos de Compostela e seguiremos apoiando sempre”. “Está no abecedario”, engadiu ao referirse as letras c-d-e-f de “cultura, deporte, educación e feminino”.
Ángel Cabana, presidente da Fundación Fedesa suliñou as complicacións de traer ata Santiago a grandes equipos polas dificultades do ano Xacobeo en cuestións como o aloxamento, “pero as superaremos ben coa axuda, por exemplo, do Hotel Puerta del Camino-Hoteles Oca que fixo un gran esforzo”. “Dou as agracias a toda a xente que nos está botando unha man e ogallá poidamos estar moito tempo con este torneo”, reiterou.

O presidente do Consello de Administración de Ulla Oil, Jesús García Rendo, recoñeceu tamén que se trata “dun pracer e dunha honra estar involucrados nestes proxectos dos que detrás hai tanta xente que tanto traballa e tantas gañas ten de facer cousas”. “Noraboa aos que tiveron a idea e foron capaces de levala a cabo porque a sociedade nalgún momento será o suficientemente xusta para valorar o que algúns estades a facer polo baloncesto feminino en Santiago”, enfatizou.

A concelleira de Deportes de Santiago Esther Pedrosa destacou que “Santiago é unha cidade que respira baloncesto por todos os poros pero faltaba algo que identificada ao baloncesto feminino e este torneo, que esperemos teña continuidad e poñeremos todo da nosa parte para conseguilo, faga visible ao deporte feminino e cambie os roles que hai neste momento”. “O deporte feminino está cambiando a pasos axigantados pero todos temos que aportar un pouquiño para que estemos igual en todos os eidos”, engadiu.

Pola súa banda, Valentín García deu a benvida “ao Pazo de San Roque, ao Pazo da Lingua como nos gusta chamalo a nós, a unha iniciativa que ten sentados á mesa a persoas vinculadas ao mundo do deporte, do deporte feminino, porque nada nos pode ser alleo ao ámbito da cultura e da educación”. “Deporte, igualdade de xénero, muller, son temas que neste momento temos que impulsar moito. Quero agradecervos a todos a vosa presenza porque é unha forma de complementar de forma importante a nosa acción social, cultural, porque a sociedade debe ser entendida como un todo, de forma global. Os que somos xestores públicos debemos ser os encargados de engrasar e de engarzar os piñóns de cada peza para que todo funcione de forma conxunta”, meditou. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, non esqueceu de animar ao público para que se achegue os próximos mércores, xoves e venres, ás 20.30 horas, ata o pavillón Municipal de Santa Isabel para desfrutar do mellor baloncesto feminino de elite de España neste torneo triangular co Durán Maquinaria Ensino, Spar Gran Canaria e Tenerife como equipos invitados.

O Torneo de Baloncesto Feminino "Cidade de Santiago" Trofeo Xacobeo 21-22 terá como sede o pavillón Municipal de Santa Isabel e a entrada será totalmente gratuíta.

Na web do club organizador, Rosalía Fedesa, actualizarase a información desta cita. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence